domingo, 23 de abril de 2017

LONXA XUVENIL: ALUMNADO DE 4º ANIMANDO A FACER DEPORTE




Unha das iniciativas mais interesantes que nos atopamos este ano, foi a “Lonxa Xuvenil”, organizada pola Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol, e que buscaba dar saída ás inquietudes e intereses da mocidade de Ferrol implicándoos no deseño e planificación dunha actividade orientada ao seu ocio e intereses de tempo libre. No marco do PDC (Móvete polo Catabois: Bule!)  pensamos que se trataba dunha oportunidade perfecta para traballar relacionando deporte e ocio saudable, e así foi como os alumnos de 4º curso traballaron durante varias semanas con axuda dos técnicos do concello e o titor, e presentaron un proxecto que a punto estivo –e nós pensamos que o tiña merecido- de levar un dos tres premios do concurso de ideas.

O nome do noso proxecto era “Beach Festival Ferrol”: unha semana de música e deporte nas praias, totalmente gratuíto e complementando con actividades de todo tipo relacionadas con deporte e música. Así presentaban eles o proxecto:



“BFF é o Festival de música e deportes de acción mais importante de Ferrol, onde pensamos reunir cada ano cerca de 120.000 persoas para gozar das competicións, exhibicións, concertos, gastronomía e o ambiente único que se xenera. 

O Festival celébrase na praia de Doniños (Ferrol), ao aire libre e é totalmente gratuito. Conta con concertos ao aire libre e sesións de DJs durante toda a noite que completan a programación. “



Desde o centro estamos moi orgullosos de como nos representastes!








Ningún comentario:

Publicar un comentario