luns, 24 de abril de 2017

IGUAIS. EU VOU SER

Este título é o que o fotógrafo José Pardo lle puxo á súa exposición. Nela veredes caras de homes e mulleres ferroláns que rachan cos estereotipos impostos na sociedade sobre as profesións e o xénero. 
En palabras do seu autor: O proxecto "Iguais" reflicte que as capacidades e as competencias son unha cuestión individual de cada persoa, e non algo que nos vén imposto polo sexo. Queremos que os nosos nenos e as nosas nenas vexan que poden ser o que cadaquén decida, en función das súas preferencias e habilidades. 

O alumando dos programas formativos foi o primeiro en visitar a exposición e realizar as actividades. Credes que acertarán coas profesións de cada un











Ningún comentario:

Publicar un comentario