mércores, 25 de xaneiro de 2017

MÓVETE POLO CATABOIS. BULE!

Ligas dos recreos


Dende a volta das vacacións do Nadal, no IES de Catabois estamos competindo nas ligas internas: fútbol sala, badminton e tenis de mesa. Competindo, pero nun ambiente de compañerismo e diversión, que é do que se trata, ademáis de tentar levar unha vida máis activa e saudable.

Temos no taboleiro do “Móvete polo Catabois – Bule!” os calendarios de competición de cada modalidade, e estamos contentos coa participación do alumnado (de feito, algún houbo que facelo tres veces porque a xente continuaba apuntándose tras rematar o plazo!). 



En fútbol sala hai 5 equipos con 7 alumnos por equipo, no que xogan 5 e rotan os suplentes. Xa rematamos coa primeira rolda, e temos xogados algúns partidos da segunda. Os equipos participantes acordan a persoa que arbitrará cada partido, e polo momento todo se desenvolve no mellor ambiente. Que siga así!

En tenis de mesa hai 10 inscritos que participan nunha competición tipo liguiña, enfrontándose todos con todos. Xa quedan poucos enfrontamentos para rematar a primeira rolda!

E no Badminton as cousas van un pouco máis lentas, porque os 6 inscritos non sempre poden xogar se falta algún, por exemplo. Esta competición xógase os xoves no segundo recreo no pavillón.

En canto rematemos co calendario en cada disciplina, comenzaremos novas competicións para que o xogo non se pare ata rematar o curso!

E lembrade que os profesores a cargo da actividade estamos abertos a novas propostas!

Bulide!