domingo, 3 de xullo de 2016

O DEREITO AO VOTO DA MULLER - SUFRAXIO FEMININO

        
Penso que o dereito ao voto da muller debería terse recoñecido moito antes. A primeira vez que votaron as mulleres sen ningún tipo de restrición foi no ano 1893, en Nova Zelandia, grazas á loita de Kate Sheppard.
Moitos homes e mulleres nos séculos pasados, crían que as mulleres estaban incapacitadas para votar porque non tiñan cultura e deixábanse influenciar con facilidade. Pero tamén sucedía isto cos homes, pois os que accedían ás universidades eran una minoría. Pero eles si podían votar.

O dereito ao voto ou sufraxio foi evoluíndo ao longo da Historia. Existe o sufraxio activo, que consiste en determinar quen ten dereito a votar, e o sufraxio pasivo, que determina quen e en que condicións ten dereito a ser elixido.
Tamén é importante diferenciar entre sufraxio igual e sufraxio universal. No igual, hai algún tipo de restrición, como a raza. Por exemplo, en Sudáfrica podían votar homes e mulleres brancos, pero non os doutras razas. O sufraxio universal, en cambio, é o dereito ao voto sen ningunha restrición de raza, condición económica,… pero ata o século XX, existiu o sufraxio universal masculino.
As mulleres que loitaron por conseguir o voto da muller chamáronse sufraxistas, pero este movemento dividiuse en sufraxistas e sufraggettes. A diferenza entre elas estaba nos métodos que aplicaban para a súa loita, mais que nos obxectivos que desexaban acadar.
As sufraxistas eran prudentes, querían avanzar pouco a pouco, reivindicando con métodos legais, tratando de convencer, non de impoñer. As suffragettes utilizaban métodos máis enérxicos: manifestacións, folgas de fame,…..

En España, no ano 1931, tres mulleres foron elixidas deputadas nas Cortes Constituíntes da Segunda República: Margarita Nelken(Partido Socialista Obreiro), Clara Campoamor (Partido Republicano Radical) e Victoria Kent (Partido Republicano Socialista). As dúas últimas, protagonizaron un famoso debate sobre a conveniencia ou non de conceder o voto á muller.
Victoria Kent opoñíase , pois consideraba que a muller española carecía da suficiente preparación social e política e , polo tanto, estaría moi influenciada pola Igrexa, co que favorecerían aos partidos de dereitas. Sen embargo, Clara Campoamor, defendía que si debían votar porque non podían ser inferiores aos homes .
Gañou a postura de Clara Campoamor e as mulleres votaron por primeira vez en España nas eleccións xerais de 1933, mais estas tres mulleres non resultaron elixidas.
Penso que o dereito ao voto axudou a  que a muller se sentise unha parte esencial da sociedade e se interesase cada vez máis por ter o mesmo tipo de educación que os homes.
 Fontes:
  -https: // www. Diagonalperiodico.net/20789 Ochenta años del voto femenino en España.
  -https: // www.elmundo.es. La aventura de la Historia. Sufragistas:sufraggettes, la lucha por el voto femenino.
-https: //es.wikipedia.org/wiki/sufragio femenino.
-https: // es.scribd.com/doc/50157208/tipos de sufragio.
                                                                                       
Sandra Cepero García

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario