No
curso 15 – 16 o IES de Catabois presentou tres Plan Proxecta:
- Aliméntate ben (“Come ben. Síntete ben”)
- Proxecto Deportivo de Centro (“Móvete polo Catabois. Bule!”)
- Quérote+ (“Coñecémonos, querémonos”)
Agora
propoñemos que ti formes parte tamén deste proxecto. Pensa que os
logos deben estar relacionados co tema do título e co noso centro.
Os logos seleccionados irán nas portadas e encabezamentos de toda a
documentación relacionada cos Plans a partir de agora.
Podes
presentar un só logo, dous ou os tres. Teñen cadanseu cadro
correspondente.
Tes
de prazo desde o luns
día 16 de maio ata o venres 3 de xuño.
O
xurado que votará estará composto polos 12 membros da Xunta de
delegadas e delegados e 12 persoas máis entre profesorado, persoal
non docente e membros da ANPA.
Suxerímosche
facer primeiro os modelos noutra folla e logo pegalos ou pasalos a
esta, onde os presentarás.
Non
esquezas cubrir os teus datos. Serán secretos á hora das votacións.
ÁNIMATE
A PARTICIPAR
Ningún comentario:
Publicar un comentario