mércores, 6 de xullo de 2016

REMATAR O CURSO NA MELLOR ONDA

Temos a sorte de contar cunha contorna espectacular para a práctica de todo tipo de deportes, así que sería imperdoable que non tiraramos partido dela. Por poñer un exemplo hai un evento na comarca que vén de ser declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. É o Pantin Classic.
Nós, ciumentos dos surfistas australianos, quixemos tamén subirnos a unha táboa e facer, cando menos, o noso bautismo de surf, así que marchamos a Pantín toda unha mañá aproveitando para facer algo diferente e divertido no último día do curso.
Aquí vedes os intrépidos surfeiros:



 








Logo, aínda non rematadas as forzas, iniciamos un roteiro de sendeirismo dende a praia de Pantín á de Baleo, onde montamos o noso picnic, xogamos a un tres en raia moi dinámico e iniciamos o bronceado do verán. Sempre con protección, non vos esquezades!






Fermosísima paisaxe a que nos acompañou durante todo o día, xa que despois do descanso aínda continuamos ruta a pé ata Vilarrube coa mente posta nun fresco xelado que non daba chegado. Menos mal que, por fin, apareceu e completamos unha xornada que trascorreu de principio a fin... na mellor onda!!!
Unha fin de Proxecto Deportivo de Centro fantástica. Anima a seguirmos facendo cousas, a seguir co lema:

MÓVETE POLO CATABOIS. BULE!!



martes, 5 de xullo de 2016

POEMAS CON SABOR A MACEDONIA


Nas clases de Lingua castelá e de Lingua galega quixemos facer unha macedonia de versos e Pilar e Teresa pedíronlle ao seu alumnado que buscasen produtos frescos e de temporada. 
Bo proveito: 


A laranxa foi á fonte
E o limón foi atrás dela (bis)
A laranxa trouxo a ola
E o limón trouxo a panela (bis)
E a ruliña que non merendou
Caeu no lanço e ela alá ficou.
Dame un abrazo –cousa que non faço–
Dame un beixiño –cousa que non dou–
A laranxa foi á fonte
E o limón foi atrás dela (bis)
A laranxa bebeu auga
E o limón ficou sen ela. (bis)
E a ruliña que non merendou
Caeu no lanço e ela alá ficou.
Dame un abrazo –cousa que non faço–
Dame un beixiño –cousa que non dou–
...



Es la granada olorosa
un cielo cristalizado.
(Cada grano es una estrella,
cada velo es un ocaso.)
Cielo seco y comprimido
por la garra de los años.

La granada es como un seno
viejo y apergaminado,
cuyo pezón se hizo estrella
para iluminar el campo.

Es colmena diminuta
con panal ensangrentado,
pues con bocas de mujeres
sus abejas la formaron.
Por eso al estallar, ríe
con púrpuras de mil labios...

La granada es corazón
que late sobre el sembrado,
un corazón desdeñoso
donde no pican los pájaros,
un corazón que por fuera
es duro como el humano,
pero da al que lo traspasa
olor y sangre de mayo.
La granada es el tesoro
del viejo gnomo del prado,
el que habló con niña Rosa
en el bosque solitario.
Aquel de la blanca barba
y del traje colorado.
Es el tesoro que aun guardan
las verdes hojas del árbol.
Arca de piedras preciosas
en entraña de oro vago.

La espiga es el pan. Es Cristo
en vida y muerte cuajado.

El olivo es la firmeza
de la fuerza y el trabajo.

La manzana es lo carnal,
fruta esfinge del pecado,
gota de siglos que guarda
de Satanás el contacto.

La naranja es la tristeza
del azahar profanado,
pues se torna fuego y oro
lo que antes fue puro y blanco.

Las vides son la lujuria
que se cuaja en el verano,
de las que la iglesia saca,
con bendición, licor santo.

Las castañas son la paz
del hogar. Cosas de antaño.
Crepitar de leños viejos,
peregrinos descarriados.

La bellota es la serena
poesía de lo rancio,
y el membrillo de oro débil
la limpieza de lo sano.

Mas la granada es la sangre,
sangre del cielo sagrado,
sangre de la tierra herida
por la aguja del regato.
Sangre del viento que viene
del rudo monte arañado.
Sangre de la mar tranquila,
sangre del dormido lago.
La granada es la prehistoria
de la sangre que llevamos,
la idea de sangre, encerrada
en glóbulo duro y agrio,
que tiene una vaga forma
de corazón y de cráneo.

¡Oh granada abierta!, que eres
una llama sobre el árbol,
hermana en carne de Venus,
risa del huerto oreado.
Te cercan las mariposas
creyéndote sol parado,
y por miedo de quemarse
huyen de ti los gusanos.

Porque eres luz de la vida,
hembra de las frutas. Claro
lucero de la floresta
del arroyo enamorado.

¡Quién fuera como tú, fruta,
todo pasión sobre el campo!



as froitas e as feridas


deixacheme na casa
mazans ameixas e limons
pementos e tomates da vosa horta
e hoxe fun comer primeiro
a mazan mais amarga que dóce
que tiña como varias fendas

e foi como se eu entrase
nas tuas feridas

lariño

A MACIÑEIRA
Este era o noso conto, escrito antes de tempo
como todo o que ocorre no poema.
(Escrito antes de tempo, coma nós).
Dicirche esa palabra, “maciñeira”,
xusto antes de durmir,
cada un de nós debaixo dun dosel
de veludo vermello
(nós que xa non podemos
ser raíñas).
Dicila, “maciñeira”, contra aquela promesa.
Nunca máis falarás daquel lugar,
nin do home que te fixo
nin dos sabios:
se é vergonzoso que o home non poida axudarse co seu corpo, sería absurdo que non puidese axudarse coas súas palabras, posto que elas son máis propias do home que o seu corpo.
O problema, no texto, é esa palabra: home.
O problema na cama, debaixo do dosel
cando veñen os reis de noite e nos visitan.
Eu digo “maciñeira”, mentres tanto,
con tódolos seus sons.
Non esa carne impar da cereixa que falta,
da que tanto cantei sen resultado.
¿Pensaches algún día no moito que lles queremos ás cousas
que quedan desparelladas para sempre?:
un pendente, unha luva, o calcetín dun neno.
A cereixa que perdo existe para a nada,
existe só para que saiba que unha vez houbo dúas.
Eu só gardo o inservible.
E tampouco a laranxa, que cando é flor anuncia
algo moi diferente do que ofrece,
algo moito máis branco.
Ó día seguinte sentei naquel café,
e polo xeito de quedar a taza tan baleira,
coa culler non caída de canto, tampouco abandonada,
senón imposible de percibir en tódolos seus límites
souben que a anterior ocupante
tiña os labios pintados de vermello.
Foi alí onde comecei a escribir este poema.
Foi para ela, que puido lelo antes nos meus ollos,
cando nos cruzamos na porta do café. Foi para ela,
porque me viu pasar e eu nin sequera sei
cómo eran os seus ollos.
Foi para ti que escoitas o que non sei dicir.
Ese era o meu segredo,
metín toda a cabeza no toro daquela árbore
e dixen: “maciñeira”.
No momento en que o digo, a árbore que plantaron para ti
dálle ó chan o seu froito máis vermello.
Na súa orella esquerda o rei sentiu un eco
e unha lágrima deu con toda a auga do río.
O teu pai trae sementes
e vaillas prometendo á terra do xardín.
Cada irmá escolle unha árbore,
pero eu errei a fábula
porque as túas mazás non son vermellas.
Descubrino cando me contaches
que alguén levara un cesto cheo
e mentres te escoitaba, o cuarto todo
foise enchendo a modiño dese olor.
Entón vin que eran das amarelas,
das que amargan un pouco
e deixan entre os dedos o seu brillo.
Nese momento souben
que podía confiar na túa maciñeira.
Poño as mans na cortiza, con coidado,
van quedando grabadas as cousas que me di.
Tardarei vinte séculos en entendelas todas
(séculos que non teño, pero o tempo
comeza a romper dentro dos meus ollos).
As froitas fanme ver
que a pel que separaba en dúas as cereixas
é a mesma que nos une polas mans.
As virxes non bailaban arredor daquela árbore para protexela,
senón para protexerse. Tamén a laranxeira,
despois de ti ler isto,
verá morrer na herba a súa flor máis alta:
ela que era perfecta unida ás ponlas.
Non para demostrar que hai un fío invisible
entre a morte e a beleza, senón para que saibamos
que a desintegración dos corpos
non é un accidente,
senón unha suma que a flor máis branca,
agora desfeita en nós,
fixera de memoria desde o aire.
Eu cría que lle estaba contando á maciñeira o meu segredo,
e era ela a que ía escribindo as súas cousas, unha a unha,
nos aneis sucesivos.
Os leñadores buscan ese texto
pero así, pola forza, non hai quen o descubra:
porque está dentro delas,
porque abertas só poden
revelar a súa idade, non o seu infinito.
E así vemos, fendidas nós e as árbores,
que a vida esconde o seu misterio en círculos concéntricos,
para que siga medrando. E cando cremos entender
ela dános un número, unha nota, unha imaxe.
Porque a súa piedade non consiste en facernos crer que podemos comprendela
senón en axudarnos a non comprendela nunca por completo.

No canto de dicirche o nome do meu rei,
digo o nome do vento, ti xa sabes.
O sabio enmenda o texto.
Os homes tamén dormen debaixo do dosel.

María do Cebreiro

Poemas:
A BELEZA da froita entre a neve, do lentor da terra, dos poulos
e as cortiñas, dos ourizos ferintes,
da dozura do sésamo
entre os gatos silvestres, do incenso e mais a mirra,
do reiseñor de seixo (laranxas
na nevisca).

A beleza do xardín engalanado
na urxencia, na estación do inverno, na Pascua
luminosa (ilusión a contratempo), nos labirintos
extraviados, na bagulla encallada,
no gran repousando
sobre o chafarís de xeo.

A beleza da memoria, do pitorrei enfeitado
(bestiario secreto), das húmidas
palmas, dos carambos
lixeiros,
das moreas de herbas.

A beleza das saias
daquela árbore acesa
na friaxe da tarde, nas luvas tan cálidas
(teixos desnortados!), nos pardais da tardiña
e nas cores intensas (aroma a terra e bafo)
de principios de inverno.

A beleza da améndoa, da xeada na froita,
do tremor sinistro, dos esquíos sinuosos,
da neve
e mais a rosa (vapor de auga,
fervedura de pranto).

A beleza do veludo,
da plenitude tan maina, do ruxerruxe do tempo,
da alimaria vencida
na fondura afastada
daquel xardín doutrora.

A beleza do inverno
(premonición de crime).
Do libro Neve.



O ALUMNADO DE 3º A AVALÍA

“Aliméntate ben” es un proyecto que se lleva a cabo en nuestro instituto y también en muchos otros centros educativos. Consiste en fomentar el consumo de fruta entre el alumnado, sirviendo cada día diferentes piezas de fruta en los segundos recreos, durante cinco semanas repartidas a lo largo de todo el curso.
Se puede ver que muchos de los alumnos están muy implicados en el proyecto, pues comen fruta sin parar.
El proyecto fue escogido con un fin: hacer que los alumnos vean la fruta como algo rico y saludable, y acostumbrarlos a consumirla, ya que aporta energía, vitaminas y fibras.
El proyecto es llevado a cabo por los docentes, que reparten fruta y están dispuestos a perder tiempo en colaborar con una causa muy importante.
A parte de repartir fruta el alumnado de cada curso estuvo realizando trabajos con respecto al tema principal: la alimentación saludable.
Los/as alumnos/as de primero crearon tarjetas con dibujos de diferentes frutas, las cuales fueron colocadas en la escalera donde se repartía la fruta.
En tercero inventaron un eslogan (publicitario) para llamar la atención de los compañeros. También pintaron unas letras que formaban parte del eslogan y las pegaron en las escaleras.
Las clases de cuarto hicieron unas fichas que contenían información sobre las diferentes frutas elegidas.




Aparte de “Aliméntate ben” en el centro se realizan otros proyectos, como “Quérote máis” y uno dedicado al deporte: “Móvete polo Catabois. Bule!”
“Quérote máis” engloba las actividades relacionadas con la afectividad y la sexualidad. Para la sensibilización contra la violencia de género, dibujamos unos carteles con los lazos; el día internacional de la lucha contra el SIDA, debíamos llevar a clase una prenda roja para formar un gran lazo rojo en el patio.
El proyecto deportivo de centro “Móvete polo Catabois. Bule!” está muy relacionado con el Aliméntate ben, pues en los dos su fin es la salud. Mantener un cuerpo saludable realizando ejercicio, nos mantiene en forma y tu cuerpo funciona  mejor.
Toda una semana en los recreos se realizaban diferentes actividades deportivas, pues así la gente se animaba a estar en movimiento. Por ejemplo se hicieron torneos de fútbol en los que el equipo ganador llevaba una copa, con la que se premiaba el esfuerzo y la participación. También se hicieron jornadas de Juegos Populares, gracias a la colaboración del profesor de Educación Física, Alberto Casal.          
Para ver cómo estaba funcionando el proyecto de la fruta, entrevistamos a muchos/as alumnos/as y profesores/as de nuestro instituto. Los/las alumnos/as dijeron que la fruta repartida “estaba riquísima”, y también, que les había parecido muy buena idea realizar la actividad en el centro, porque todos habían colaborado de una u otra forma en el proyecto: unos dibujando emotifrutas, otros elaborando lemas y alguno como Alberto “comiendo toda la fruta posible”. A nuestro juicio, el proyecto salió tan bien que esperamos que sigan repartiendo, que el próximo año se repartan más semanas al año y que se añada fruta más variada.
Nos quedamos para terminar con las palabras de Iolanda Sánchez, por ser la más entusiasta:
“Desde dirección pensouse que sería unha actividade saudable e diferente, propúxoselle ao claustro. De aí saíu a coordinadora (Margarita) e un grupo de colaboradores que despois se incrementou. Desde o principio pareceume unha boa actividade para o noso alumnado a do reparto de froita. Pensamos que tiña que ser dunha tenda de froita da zona, preguntámoslle a asociación de comerciantes e hostaleiros de catabois (ECHO), e déronnos o nome da froitaría Amorodos. As miñas froitas favoritas son a mazá e a sandía, ambas estiveron no proxecto, porque se traballa con froita fresca de tempada. Engadiría non unha se non todas as froitas posibles e sobre todo aquelas que o alumnado non adoita consumir.
Na miña casa e xa na dos meus pais sempre consumimos tres froitas ao día como mínimo, a parte do zume de laranxa, que aínda que non é o habitual sempre o tomo pola tarde”
Penso que desde o instituto actividades tan prácticas e reais como esta son as que achegan a froita ao noso alumnado. Había alumnos que nos dicían: “Profe, nunca probara o caqui, e gustoume”.
Y queremos acabar con la misma pregunta que acabó Iolanda:
                              E a ti, gústache a froita?


Trabajo realizado por el alumnado de 3º A

EL REPORTAJE Y LA ENTREVISTA: EL CONSUMO DE FRUTA

Departamento: Lengua castellana y literatura

Docente: Mª Teresa Gómez Cheda

Curso: 3º ESO

Título de la actividad: “El reportaje y la entrevista: el consumo de fruta”

JUSTIFICACIÓN:

En coordinación con los compañeros del Plan Proxecta Aliméntate ben, hemos trabajado durante varias sesiones los beneficios del consumo de alimentos saludables. Desde el área de Lengua Castellana y en relación con las semanas de reparto de fruta fresca en el instituto, hemos aprovechado la explicación de los distintos géneros periodísticos para trabajar específicamente uno de ellos: la entrevista.

OBJETIVOS:

·      - Distinguir los distintos tipos de textos (periodísticos, literarios, científicos...)
·      - Reconocer las diferencias entre los distintos géneros periodísticos.
·      - Identificar las características básicas de una entrevista y de un reportaje
·   - Relacionarse con los miembros del propio grupo en actitud cooperativa y relacionarse con otros miembros de la comunidad educativa para la elaboración de las entrevistas.
·    - Presentar adecuadamente las entrevistas y los reportajes con las conclusiones obtenidas.
  - Concienciar al alumnado de los beneficios del consumo de fruta y de la importancia de desarrollar actividades de este tipo dentro de los centros educativos

TEMPORALIZACIÓN:

  • Exposición de los géneros periodísticos: 2 sesiones
  • Elaboración en grupo de las preguntas para la entrevista: 1 sesión
  • Realización de las entrevistas: el alumnado durante los recreos y fuera del horario lectivo.
  • Elaboración del reportaje con las conclusiones: 1 sesión
  • Preparación del trabajo para su entrega: fuera del horario lectivo

METODOLOGÍA:

·       Exposición de los distintos géneros periodísticos por parte de la docente
·       Reparto en grupos heterogéneos de las tareas (entrevistas, búsqueda de información, localización de imágenes, presentació final...)
·        Margen entre las sesiones para la elaboración de la tarea

EVALUACIÓN:
        Supuso un 10% de la nota de una de las pruebas del segundo trimestre.
      No todo el alumnado alcanzó el mismo grado de participación, pero en general se mostraron muy interesados. Las conclusiones a las que llegaron fueron muy favorables y, sobre todo, animan a seguir participando en este tipo de proyectos, pues el propio alumnado reconoce su valía.
           
Estándares evaluables:
-          Son conscientes de los beneficios que aporta el consumo de frutas
-     Respetan las opiniones de todos al recoger los resultados de las entrevistas
-          Favorecen individualmente el buen funcionamiento del equipo
-          Muestran interés por presentar un trabajo adecuadamente.


La valoración final es altamente positiva tanto por parte del docente como del alumnado.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

campaña de obradoiros itinerantes nos campamentos urbanos e competicións deportivas dos concellos participantes, deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca, para pór de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor
nutritivo como fonte de enerxía.




PROPIEDADES DAS FROITAS

O alumnado de 4º PDC, xunto co seu profesor Henrique Dacosta, traballou por parellas o tema das propiedades das froitas. Algún quedou sorprendido ao aprender que os pexegos son bos contra o acne xuvenil. Queredes saber máis cousas? Lede con atención: 

                                                    Pexego

Propiedades :
·      Grande riqueza en carotenos que lle dá a coloración amarela
-proiedades antitumorais especialmente na protección do cancro de estómago.
-propiedades antioxidantes : protección das arterias, boa saúde na visión, bo estado da pel ,dos dentes ou das enxivas
-Carencia de carotenos: cegueira nocturna, secura na pel, acne xuvenil, facilidade para as infeccións, propesion a úlceras.

·      Abundante en carotenos, vitamina C e selenio, por iso é un bo antioxidante.

No outono, unha das froitas mais destacadas desta bela estación do ano son as mandarinas , que posuen propiedades e beneficiois ideais para  esta época.
En realidade, é un dos momentos nos que se pode gozar de máis que nunca as propiedades da maioría das mandarinas, tan rica en vitamina C pasa a ser unha opción saudable contra gripes e arrefriados.

Contén pouco azucre, e, sobre todo , principal compoñente é a auga. 
É unha boa alternativa para substituír o fluído e minerais tras unha actividade 
física , grazas á cantidade de vitamina C, potasio, os carotenoides e outros 
nutrientes que ten.

É realmente unha boa fonte natural de fibras, como ben sabemos, esencial para combater o constipado. É indicado en persoas obesas e en dietas de adelgazamento, grazas ao seu efecto saciante .

Contén unha gran cantidade de carotenoides, de xeito que a actividade antioxidante dos fitoquímicos con (vitamina C), proporciona realmente excelentes propiedades fisiolóxicas.

Como referín a principios desta nota, grazas ao seu alto contido de potasio e pobres en sodio é ideal para persoas con hipertensión e con problemas de corazón en xeral.



Unha  cunca (100g) de amorodos contén aproximadamente 34,5 calorías e é unha excelente fonte de vitamina C e vitamina P ou bioflavonoides.

COMPOSICIÓN POR CADA 100 g COMESTIBLE:

-         Calorías 34,5
-         Auga 85%
-         Hidratos de carbono (g) 7
-         Fibra (g) 2,2
-         Potasio (mg) 150
-         Magnesio (mg) 13
-         Calcio (mg) 30
-         Vitamina C (mg) 60
-         Folatos (mg) 62
-         Vitamina E (mg) 0,2







VISITA A FEIRACO

Tiñamos previsto ir a Consumo, a Santiago de Compostela, para facermos alí uns obradoiros moi interesantes que lle ofrecen ao alumnado, pero non puido ser. Xa sabedes, ás veces non é doado cadrar as datas. Presentóusenos, entón, a posibilidade de ir visitar unha central leiteira, e... por que non?



Alá foron un nutrido grupo de alumnas e alumnos, na compañía das profesoras Emilia Saavedra e Rosa Rodríguez, a aprender como se constitúe unha cooperativa e visitar as instalacións da procesadora.



Algúns esperaban unha xornada algo máis agradable; seica o cheiro do leite non lles sentou ben a uns cantos, que viñeron algo mareados. Menos mal que de despedida houbo uns batidos para compensar.