Obradoiro de instrumentos de corda tradicionais
galegos dirixido polo instrumentista porriñés Pancho Álvarez no marco do Programa
Ponte nas Ondas, no cal o IES de Catabois está adscrito.
Logo dunha presentación por parte do alumnado
do artista e do Programa Ponte nas Ondas, o instrumentista amosa ao estudantado
unha selección de instrumentos de corda tradicionais galegos, violín, viola,
lira, viola de gamba, arpas medievais, guitarra de dez cordas, zanfona, entre
outros, e interpreta melodías tradicionais ao tempo que os convida a que collan
os instrumentos e toquen. Así mesmo, explica a orixe medieval de moitos destes
instrumentos como a arpa medieval, que está elaborada a partir de petróglifos
galegos, e mesmo a zanfona, herdeira do organistrum do Pórtico da Gloria da
catedral de Santiago de Compostela.
En distintos momentos do obradoiro, Pancho
Álvarez interactúa co alumnado presente, quen lle vai facendo preguntas
previamente preparadas na aula arredor da súa actividade musical e dos
instrumentos que presenta.
A obradoiro será complementado na aula con
actividades sobre instrumentación e visionado da APP Os instrumentos do Pórtico
da Gloria”.